Totó la Momposina.

No noso instituto e entre o noso alumnado de Música hai un número importante de rapaces e rapazas procedentes de Colombia. Esta entrada adícollela a eles especialmente.

Aproveitamos para coñecer a unha artistaza colombiana que xa luce 72 anos. Isto ó parecer non lle resta enerxía nos seus concertos, nos que fusiona música de raíz indíxena e africana. Totó la Momposina é unha figura de renome no panorama da música étnica, “world”, tradicional ou como a queirades chamar. Muller de gran formación académica e moi respetuosa con todo o legado cultural recibido, ten levado a súa música e o seu baile polo mundo enteiro. É unha gran defensora da tradición indíxena e do respeto á natureza, “Só se pode ser civilización vivindo coa natureza” escoiteille dicir nunha entrevista e estou totalmente dacordo.

Déixovos un emocionante concerto nunha edición en Inglaterra do Festival Internacional WOMAD, adicado ás músicas do mundo. Disfrutade da súa arte e da súa paixón moi EMOCIONANTE.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: