Soños dende Suecia.

A entrada de onte adicámoslla ós nosos alumnos que veñen de fóra e esta adicámoslla ós nosos alumnos que están fóra.

Susana, Samuel, Alba, Alicia, Daniel e Alberte son os participantes no Proxecto Comenius que o noso centro comparte con Suecia. A estadía é de tres meses e polo que podo saber deles estana disfrutando máis que a tope, completamente integrados na vida, nas familias… no momento que están a vivir tan especial e de seguro inesquecible. Realmente sinto envexa porque eu non tiven unha oportunidade semellante e ó mellor nin ese valor á súa idade. O que sei deles é polos seus blogues nos que relatan as súas aventuras, o seu día a día e especialmente os seus sentimentos (e do máis profundos), isto último ás veces algo moi difícil de conseguir mais eles consígueno poñendo moita paixón no que describen porque iso é o que sinten mentras viven a súa propia vida alí, ademais precisamente aproveitando o mellor da vida. Felicidades rapaces!

Nas súas últimas entradas suxírennos un montón de música, suxestións que creo nacen das sensacións que esa ocasión lles provoca. Por iso son recomendacións moi especiais, sen dúbida. Así que anímovos a que as escoitedes e de paso leades os seus textos marabillosos premendo no nome de cada un deles: Susana, Samuel, Alba, Alicia e Daniel.

Unha aperta dende Lugo.

Advertisements

11 Respostas to “Soños dende Suecia.”

  1. Moitisimas grazas Belén por esta entrada tan fermosísima e o máis importante chea de amor. Estamos moi contentos de que che gustasen os nosos blogs e no meu caso as últimas canción que colguei nel. Estou totalmente de acordo co de que son blogs moi profundos e que todos comparten un tema en común, a vida durante tres meses en suecia, pero a vez son totalmente diferetes xa que cada un expresa nel as suas vivenzas, sentimentos e pensamentos e iso é o que fai a cada blog especial. Moitisimas grazas unha vez máis.
    Unha aperta enorme dende Suecia!!

    • musog Says:

      Graciñas a ti, Samuel. Teño moitas ganas de verte na miña clase pero ata que ese día chegue disfruta ó máximo!
      Unha aperta enorme,
      Belén.

  2. Grazas Belén! Ti tamen sigue así con este blog, é moi especial!

    • musog Says:

      Ola Daniel,
      Moitas gracias polo comentario, sempre axuda a seguir. Espero que ti tamén sigas escribindo e colgando entradas tan interesantes como a de hoxe.
      Hai algo especial nela?
      Unha aperta enorme,
      Belén.

      • pois si moves a cabeza de un lado para outro, mirando a foto, poderás ver ao gran personaxe de V, de V de Vendetta..

  3. Ola Belén, moitas grazas polo teu comentario, a verdade é que ánima moito saber que detrás da pantalla hai alguén lendo as túas batalliñas. Álegrome moito de que leas os nosos blogs e de que che gusten.
    Dígoche o mesmo que Nel, sigue ti tamén con este blog! Non todos os porfesores dedican tempo a cousiñas tan especiales como esta.
    Saludos!

    • musog Says:

      Ola Alba,
      Que bonito, moitas gracias! Mais debo dicir que este blogue non só é cousa miña, grande parte é do meu querido compañeiro Miguel, a el tamén hai que darlle as gracias.
      E tamén ti tes algo moi especial, todos, todos nos facedes aprender moito.
      Unha aperta dende Lugo.
      Belén.

  4. Moitisimas grazas polo teu comentario en todos os nosos blogs e en especial tamén no meu, a verdade e que cando vin e lin o comentario alegroume moito, sobretodo saber que xente da miña rutina, do meu instituto, e sobretodo unha das miñas prefesoras o lese e lle gustase.
    Tamén grazas pola túa entrada no teu, tes moita razón, con que é difícil expresar todo o que sentimos aquí, pero intentamos expresar o mellor posible:) e moitas veces a música e a que axuda a expresalo!
    Unha aperta e un cico moi forte dos teus 6 alumnos .

    • musog Says:

      Graciñas a ti, Alicia. É moi bonito todo o que dis e como non nos vai gustar o que contades, sae do corazón e iso sempre gusta. Ademais é algo de valentes, non calquera se atreve con todo o que vos fixestes.
      MOito ánimo no que vos resta aí que seguro será duro, verdade? Vós pensade que non se deixa para sempre, Suecia está moi cerca se o pensades ben así que sempre podedes voltar e aínda será mellor ou diferente, unha nova etapa.
      Un bicazo dende Lugo!

  5. Moi Boas Belén! A verdade e que sempre se agradece ter unha noticia asi, creo que a todos e cada un de nos ahora mesmo esta sendo este o momento mais dificil de todos, ningún de nos quere volver, xa nos acostumbramos a todo aquí…
    Moitas grazas por todo! un bico .

    • musog Says:

      Ola Susana!
      Entendo perfectamente a túa tristeza, cando un mellor se empeza a sentir nun lugar é cando ten que marchar. Así son as cousas pero iso non significa que todo remate para sempre, esas sensacións voltarán noutro momento, Suecia non está tan lonxe e o que alí conseguiches levaralo sempre contigo.
      Ánimo.
      Unha aperta,
      Belén.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: