Festival de Jazz de Lugo.

Un ano máis temos o pracer de disfrutar do jazz na nosa cidade. Este ano con outro cartel de luxo dende o sábado 10 de novembro ata o seguinte sábado, 17 de novembro.

Para algúns dos concertos tedes que adquirir entradas nunha carpa instalada na Praza de España dende as 12 da mañá deste sábado día 10, ou tamén no clube de música “Clavicembalo”. Consultando o programa aquí podedes ver que concertos requiren entrada e cales non. 

Este ano veñen entre outros o saxofonista Bill Evans ou o trompetista Wallace Roney, ámbolos dous chegaron a formar parte do grupo de Miles Davis na súa xuventude, algo que aporta ó seu currículum un dato imbatible. Pero non só figuras internacionais senón tamén algunha máis local como o guitarrista galego Martín Blanes, un grande virtuoso que camiña entre múltiples estilos e influencias e a quen teño o gusto de coñecer. Déixovos aquí un vídeo para que “alucinedes” un pouquiño.

Animádevos a botar un ollo, unha orella (ou as dúas, mellor) ou o que haxa que botar. Paga a pena cando músicas de tanta calidade chegan tan preto de nós.

Advertisements

Unha resposta to “Festival de Jazz de Lugo.”

  1. SabelaAl-Soufi Says:

    Por fin chega o Festival de Jazz! E este ano cuns músicos que merece a pena escoitar…O increíble Bill Evans en Lugo, unha oportunidade que non se debería perder,mais penso que non poderei ir…Aínda así,veñen moitos máis xenios do Jazz,así que a disfrutalo!
    Déixovos un vídeo do grupo de Bill Evans (espero que funcione).

    Graciñas polo programa e pola información!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: