Archive for the – Aquí quen toca? Category

Este venres, concurso musical!

Posted in - Aquí quen toca?, - As nosas actividades, - Entradas antigas, no noso centro on 18/05/2010 by musog

Xa vos anunciamos fará dúas semanas máis ou menos que proximamente tería lugar no noso centro un concurso musical organizado polo Departamento de Normalización Lingüística, a ANPA e mais o Departamento de Música.

Todo xurdiu como parte da celebración do Día das Letras Galegas (adicadas este ano a Uxío Novoneyra) polo que o requisito fundamental para se poder presentar a este concurso era interpretar un tema con letra en galego (no caso de ser cantado) ou ben un tema instrumental de orixe tradicional galego. E finalmente o día de presentación e concurso de tódolos grupos será este venres 21 de maio ás dúas últimas horas da mañá e entre os premios haberá vales para material tecnolóxico, libros e algún que outro detalle máis. Entre os membros do xurado membros do Departamento de Música, do Equipo de Normalización Lingüística un membro da ANPA

Estes son os valentes participantes: Zinc so!, Maestres de Altair, R.G., LAURA  Iglesias e MIRIAM López.

E máis de concertos…

Posted in - Aquí quen toca?, - Entradas antigas, - Música en Lugo on 09/05/2010 by musog

Temos que pregar que non se cumpra aquel refrán que di “días de moito, vésperas de nada”, porque estes días a verdade é que hai que elixir entre a ampla oferta musical da nosa cidade.
Un dos ciclos que se está a celebrar no marco do convenio Lugo Cultural é “Músicas na vidreira”, co que se pretende dar apoio a novos intérpretes lugueses con breves actuacións na vidreira da facultade de Veterinaria.
Neste contexto o luns 10 de maio actuará o grupo “Smiling Drops”, do que forma parte como quitarrista un alumno do noso Centro: Alejandro Junquera.
Lembramos a cita: luns, 10 de maio ás 14:00 horas na vidreira da Facultade de Veterinaria.

Proximamente… Concurso Musical!

Posted in - Aquí quen toca?, - Entradas antigas on 08/05/2010 by musog

Con motivo da celebración das Letras Galegas, o equipo de normalización lingüística ten convocado un concurso musical. Xa hai uns cantos grupos e solistas apuntados e decididos a dálo todo. Os requisitos para poder participar consisten en cantar un tema en galego ou ben interpretar un tema instrumental propio da música galega.  En breve informarémosvos dos participantes e da data definitiva do concurso.

Ata pronto!