Archive for the – As nosas actividades Category

Soños dende Suecia.

Posted in - As nosas actividades, por aí adiante on 02/11/2012 by musog

A entrada de onte adicámoslla ós nosos alumnos que veñen de fóra e esta adicámoslla ós nosos alumnos que están fóra.

Susana, Samuel, Alba, Alicia, Daniel e Alberte son os participantes no Proxecto Comenius que o noso centro comparte con Suecia. A estadía é de tres meses e polo que podo saber deles estana disfrutando máis que a tope, completamente integrados na vida, nas familias… no momento que están a vivir tan especial e de seguro inesquecible. Realmente sinto envexa porque eu non tiven unha oportunidade semellante e ó mellor nin ese valor á súa idade. O que sei deles é polos seus blogues nos que relatan as súas aventuras, o seu día a día e especialmente os seus sentimentos (e do máis profundos), isto último ás veces algo moi difícil de conseguir mais eles consígueno poñendo moita paixón no que describen porque iso é o que sinten mentras viven a súa propia vida alí, ademais precisamente aproveitando o mellor da vida. Felicidades rapaces!

Nas súas últimas entradas suxírennos un montón de música, suxestións que creo nacen das sensacións que esa ocasión lles provoca. Por iso son recomendacións moi especiais, sen dúbida. Así que anímovos a que as escoitedes e de paso leades os seus textos marabillosos premendo no nome de cada un deles: Susana, Samuel, Alba, Alicia e Daniel.

Unha aperta dende Lugo.

Yuhuuu! Estamos en Water Tapes!

Posted in - As nosas actividades, no noso centro on 27/04/2012 by musog

Yuhuuu! Conseguímolo, que ilusión máis grande nos fixo. Fai click na pantalla que ves embaixo! E por favor, agardamos comentarios.

 

O noso propio Water Tapes!

Posted in - As nosas actividades, no noso centro on 18/04/2012 by musog

Ola xente!

Despois de moitos ensaios, por fin temos o noso propio “Water Tapes”!

O luns á tarde quedamos despois de clase nun dos baños do segundo piso e alí ocorreu algo xenial: en tan só dúas tomas montamos o noso vídeo e cun resultado máis que satisfactorio, estou moi contenta e creo que o resto dos protagonistas tamén (estaría ben algún comentario ó respecto…).

Xa sei que ás veces se facía un pouco pesado repetir o tema nos ensaios pero aí está o resultado. Por iso quero dicirvos GRACIÑAS A TOD@S polo esforzo e a confianza que depositastes nesta idea un pouco tola pero á vez tan divertida!

Para todos o que o queiran ver, presentámosvos ó grupo de 1º de Bacharelato do Ollos Grandes tocando o tema dos Doors “Back Door Man” (unha curiosidade, teño que dicir que ata fai uns días non sabía  os Doors no seu momento gravaron un disco enteiro nun baño, jeje!).

Ai, non podo esquecer darlle as gracias a Luis por nos axudar: Graciñas, Luis, bótaseche de menos na clase de música!

Unha foto para o recordo.

Música de cine.

Posted in - As nosas actividades, no noso centro on 23/03/2012 by musog

En 4º da ESO traballamos a música no cine, un tema realmente apaixoante e moi fermoso. E coa instrumental Orff estamos a montar unha peciña chamada The river, que forma parte da banda sonora orixinal da película A Misión, composta por Ennio Morricone; o arranxo collímolo prestado dos múltiples recursos que unha profesora de música chamada Mª Jesús Camino Rentería, do IES Meruelo (Cantabria) ofrece. Así que dende aquí dámoslle as gracias!

A composición é a tres voces ou melodías que se combinan homofonicamente, é dicir, sempre levan o mesmo ritmo. O ruido-golpe que escoitades de fondo é un djembé tocado por min e sirve para acompañar ritmicamente ás melodías, o problema é que o son da cámara é tan malo que máis ben parece que golpeo case calquer cousa… En fin, é o que teñen estes dispositivos sinxelos, que son feitos para a imaxe e non tanto para o son. En directo seguro que todo soará bastante mellor!

Isto que vos ensinamos é un regaliño pero que non se crean os meus rapaces que xa está todo feito, aínda queda que mellorar, 😉  Somos pouquiños en 4º da ESO e isto é debido a que hai un montón de rapazas con asignatura de música convalidada, ben por estudar no conservatorio de música ou no de danza pero esperamos que para unha montaxe final poidamos contar con elas, que de vez en cando aparecen para botar unha man e unha peza coma esta soará bastante mellor.

(Ah, podedes ir ó Canal Musog a ver máis vídeos nosos, non cansarei de repetilo?)

Xogando co ritmo!

Posted in - As nosas actividades, no noso centro on 15/03/2012 by musog

Este é outra ollada que vos deixamos botar nalgunha das nosas clases, esta vez cunha proposta máis rítmica. Ó mellor disto sae algunha outra cousa máis perfeccionada, a ver qué pasa.

Ah, Canal Musog!

Proximamente…

Posted in - As nosas actividades, no noso centro on 14/03/2012 by musog

Un adianto do que estamos a preparar na clase de 1º de Bacharelato, na que interpretamos (entre outras) unha versión dun tema dos Doors, “Back Door Man”. Aínda nos quedan cousiñas que mellorar deste blues pero vai soando cada vez mellor.

Ah, se queredes ver máis vídeos nosos lembrámosvos que no apartado de enlaces (ó fondo da barra de menús que tedes á dereita) tedes o noso Canal de Youtube, Canal Musog.

Fin de Curso!

Posted in - As nosas actividades, no noso centro on 20/06/2011 by musog

Seguro que o título deste podcast é o que máis vos gusta, non?

Como case tódolos anos por estas datas estamos na rectísima finalísima e gústanos celebralo con algunha actuación musical. Este ano faremos o peche do curso o mércores 22 durante o recreo (e probablemente pillando algo da 4ªhora) no Salón de Actos. Actuarán os alumnos e alumnas de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato cun repertorio variado: percusión, cancións, instrumentos, baile… E non vos desvelo nada máis, tedes que vir velos en acción, seguro que o pasades ben.

Vémonos logo pasado mañá na festa musical!