Archive for the – MUSOG (Música Ollos Grandes) Category

Xa estamos aquí de novo!

Posted in - MUSOG (Música Ollos Grandes) on 07/09/2011 by musog

Pasou o verán e seguro que non tedes moitas ganas de comezar as clases, me imaxino.

Todo iso pasará en canto pisedes outra vez o cole porque xurdirán grandes historias a partir dese momento. E algúns encontrarémonos na aula de música e seredes moi benvidos. Estamos seguros de que o pasaremos ben así que (e sen que se note que non pretendemos vender nada…) animádevos a vir a disfrutar tocando, cantando, danzando e aprendendo moitas cousas novas arredor de algo tan fermoso como a MÚSICA.

Tamén botaremos de menos ós que estiveron alí, 😉

Vémonos!

Advertisements

Enerxía para todo o curso

Posted in - MUSOG (Música Ollos Grandes) on 28/10/2010 by musog

Moi ben! De acordo!… As sonoras excusas polo retraso na posta en marcha do blogue non vos parecen abondo e esixides máis explicacións: pois aí van…
A razón de non comezarmos ata hoxe non debedes buscala no enorme volume de traballo que nos supón o arranque do curso; nen tampouco en supostas reticencias cara o uso das novas tecnoloxías pola nosa parte; nen moito menos (non faltaría máis!) en ningún tipo de preguiza nen desexo de prolongar as nosas vacacións, das que xa estabamos fartos…
A única verdadeira razón deste pequeno retraso foi… que non atopabamos nada suficientemente bo co que abrir a tempada.
Pois ben, por fin hoxe atopamos o que buscabamos. E ben preto de aquí, no blogue da nosa Biblioteca (que non debedes deixar de visitar).
Neste vídeo que vos suxerimos hai enerxía, entusiasmo, intensidade, lirismo, paixón, dramatismo e vitalidade suficientes para que nos duren a todos dende aquí e ata final de curso.

Tomade aire, facede clic e desfrutade.

 (PD: Rosa, xa non te citamos máis como fonte deses marabillosos enlaces que nos envías porque nos vas sacar o protagonismo todo… e ti xa tes un blogue de inglés preciosssssssísimo…).

 

¡¡¡Tatatachán!!! e Anni B. Sweet

Posted in - Música en Lugo, - MUSOG (Música Ollos Grandes) on 27/10/2010 by musog

Así, facendo barullo (barullo afinado, dende logo) comezamos o novo curso e cun importante retraso comezamos as nosas andainas virtuais polo que temos que pedir unha “sonora” desculpa. Procuraremos ir recuperando o tempo perdido con interesantes entradas e xa para comezar con bo pé e sobre todo boa orella aproveitamos para anunciarvos o concerto que mañá xoves haberá na Praza de Santa María e que correrá a cargo da cantautora Anni B Sweet, unha novísima, interesantísima e moi prometedora intérprete malagueña que canta en inglés e compón fermosísimas cancións enmarcadas nun folk-pop realmente doce. Por certo, se chovese o concerto trasladarase ó auditorio Gustavo Freire e o concello oferta buses para o traslado ata alá.

Non deixedes de aproveitar esta perfecta ocasión de disfrutar con algo bo de verdade. Aquí vos deixo o tema “La La La” 

Benvidos ó MUSOG!

Posted in - MUSOG (Música Ollos Grandes) on 20/10/2008 by musog

Este é o blogue do Departamento de Música do IES Ollos Grandes.

Esperamos que este lugar se convirta nun referente para os nosos alumnos tanto para completar información acerca da asignatura como para ampliar a curiosidade arredor desta materia e ver qué estamos facendo na nosa aula.

Os demais tamén estades invitados a pasar, por suposto. E de tod@s aceptamos suxestións para ir construíndo este blogue!

Por certo, queredes comezar coñecendo a nosa aula? Aquí tedes algunha imaxe…