Archive for the Proxecto Ciencias Category

Xogando coa auga

Posted in Proxecto Ciencias on 09/02/2012 by musog

Esta entrada adícolla ós meus alumn@s de 1º de Bacharelato.

Con motivo do proxecto Comenius de Ciencias “A música da vida”, a comezos de curso e todavía cun rico “solete” de outono, saímos ó patio a probar diferentes sons coa auga dos que ao mesmo tempo poderían xurdir ritmos musicais. Foi unha sesión entretida e refrescante que deu lugar a moitas ideas, como por exemplo a proposta por Dani de probar todo aquelo directamente nunha piscina. E por suposto que a idea me encantou (faltaría máis) pero quizais sexa algo complicado de conseguir dadas os nosos recursos tan escasos e ó mellor o máis parecido a iso sería algo así…

… unha minipiscina feita cun neumático e un plástico! Que como idea de reciclaxe está moi ben pero creo que non cumpriría as expectativas primeiras, non credes?

En fin, que como mostra do que nos podería facer falta para cumprir ese soño de facer música e xogar coa auga, déixovos este vídeo tan refrescante que pode servir para seguirmos imaxinando… Á auga, patos!

Aquófono

Posted in - De todo un pouco, Proxecto Ciencias on 10/11/2011 by musog

Algúns sabedes que imos participar nun proxecto Comenius de Ciencias chamado “A música da vida”: a vida provén da auga e a auga é música. Basta con mirar ao noso arredor, observar e escoitar para decatarse de que a natureza é música pura, harmonía pura, ritmo puro.

Non nos imos poñer agora a xustificar esta afirmación, quizais noutro momento. O que sí vos imos ensinar é a demostración de cómo a auga é música ou cómo algúns imaxinan de xeito incrible cómo chegar a facer música coa auga como instrumento. Gracias a Toño, que estes días nos acompaña nas nosas clases, descubrimos a algunhas desas persoas super-creativas: L.A.R. Legido e Patxi Varela, músicos e inventores do AQUÓFONO.

Qué é o AQUÓFONO? Según eles mesmos: “O Aquófono é un innovador instrumento de percusión con líquido, unha escultura sonora portátil e un sistema infusor de gotas musicais. Música, ciencia e natureza conxúganse nesta máquina do tempo, creadora e recreadora dunha enorme gama de paisaxes sonoros orgánicos producidos a partir dun mínimo suministro de líquido regulable por medio de oito goteiros de uso clínico”

A que soa ben? (Nunca mellor dito, ;)) Pois mellor vos soará cando o vexades e escoitedes. Para iso tedes varias opcións: seguir investigando sobre o AQUÓFONO na propia páxina web do dúo Parto e visualizando algúns destes dous vídeos que aquí colgamos.

Nunha palabra: fantástico!